Nestes días en que non temos clase non deberíades esquecervos de traballar todos os días un pouquiño. Así non perderedes o ritmo e a volta será máis doada para todos.
Para os distintos cursos de Bioloxía e Xeoloxía ireivos colgando a partir do luns 16 as actividades e enlaces na aula virtual (lembrade entrar como convidados usando a clave que vos din na clase-1ºESO:2007, 3ºESO:2005, 4ºESO:2004).
Para a materia de Promoción de Estilos de Vida Saudables nestas dúas semanas buscade información sobre cada un dos grupos de alimentos nos que estades traballando, e traédea seleccionada e organizada para a volta.
Os alumnos de Paisaxe e Sustentabilidade tedes que facer a seguinte actividade:
"O meu entorno"
A ficha debe servirvos como guión, pero non tedes por que cubrila tal e como está, podedes adaptala ao lugar que escollades e presentala o mellor posible. O ideal sería que utilizarades un folio/cartulina en tamaño A-3 e situarades a imaxe no seu centro e a información en torno a ela.
Para calquera dúbida podédesme mandar un correo a bxmende@gmail.com
Lembrade ter sentidiño nestes días:

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.