mércores, 19 de febreiro de 2020

Disección de ollo de porco 19/20.

Para completar o tema da función de relación e en concreto os órganos dos sentidos os alumnos e alumnas de 3º de ESO observaron a anatomía do ollo de porco.
Primeiro viron un vídeo (https://www.youtube.com/watch?v=dKcip7AxyzY) no que se recordaba as distintas estruturas do ollo e a súa función a medida que se ía practicando unha disección.
A continuación pasaron a comprobar por sí mesmos se podían identificalas in situ.

Aquí están as fotos da experiencia:














venres, 14 de febreiro de 2020

Disección de corazón e ril en 3º de ESO-19/20.

Os nosos mozos e mozas de 3º da ESO puideron observar de primeira man a anatomía do corazón e o ril de porco.

Tamén contamos cos compañeiros do PMAR e a súa titora Marta.

A actividade resultou moi proveitosa e notouse no exame. As preguntas sobre esta parte do tema saíron moi ben!













O contido de amidón nos alimentos. 3º ESO-B-19/20.

Os rapaces e rapazas de 3º de ESO-B comprobaron a presenza de amidón nalgunhas mostras de alimentos utilizando betadine, xa que o lugol esgotouse!

Na maioría dos casos o resultado foi o esperado, pero agardábanos algunha sorpresa... as conclusións quedaron reflictidas nos informes que presentaron.




Realizando Preparacións Microscópicas con 3º de ESO-19/20.

Repasamos as diferenzas entre células vexetais e animais e achegámonos á microscopía realizando e observando preparacións de epiderme de cebola e de mucosa bucal.

Seguimos o procedemento que vemos a continuación:

EPITELIO DE CEBOLA
1. Desprendemos con axuda das pinzas un fragmento de epitelio da cara cóncava dunha folla da cebola.
2. Colocámola no portaobxectos.
3. Tinxímola cunha gotiña de azul de metileno e esperamos 5 minutos.
4. Lavamos con abundante auga utilizando o frasco lavador.
5. Colocamos o cubreobxectos con coidado de que non se fagan burbullas.


EPITELIO DA MUCOSA BUCAL
1. Desprendemos algunhas células da mucosa bucal con axuda dun escarvadentes e depositámolas no portaobxectos facendo un frotis.
2. Fixamos a preparación quentando suavemente á lapa do chisqueiro.
3. Tinximos con azul de metileno e esperamos 2 minutos.
4. Lavamos, depositamos 2 gotiñas de auga e colocamos o cubreobxectos.










Identificando minerais e rochas en 1º de ESO-19/20.

Os alumn@s de 1º de ESO identificaron minerais e rochas no laboratorio utilizando claves dicotómicas.
Para elo, cada exemplar estaba asociado a unha letra e á súa dureza, como podedes ver neste dous exemplos:






Os alumnos e alumnas debían averiguar en parellas o nome de cada un deles, é dicir, conseguir poñerlle nome a todas as letras, seguindo os pasos que a clave lles ía marcando. Para elo foron rotando polos distintos postos no laboratorio.