Repasamos as diferenzas entre células vexetais e animais e achegámonos á microscopía realizando e observando preparacións de epiderme de cebola e de mucosa bucal.
Seguimos o procedemento que vemos a continuación:
EPITELIO DE CEBOLA
1. Desprendemos con axuda das pinzas un fragmento de epitelio da cara cóncava dunha folla da cebola.
2. Colocámola no portaobxectos.
3. Tinxímola cunha gotiña de azul de metileno e esperamos 5 minutos.
4. Lavamos con abundante auga utilizando o frasco lavador.
5. Colocamos o cubreobxectos con coidado de que non se fagan burbullas.
EPITELIO DA MUCOSA BUCAL
1. Desprendemos algunhas células da mucosa bucal con axuda dun escarvadentes e depositámolas no portaobxectos facendo un frotis.
2. Fixamos a preparación quentando suavemente á lapa do chisqueiro.
3. Tinximos con azul de metileno e esperamos 2 minutos.
4. Lavamos, depositamos 2 gotiñas de auga e colocamos o cubreobxectos.










Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.