Celebramos a semana da árbore en 1º de ESO con dúas actividades: a identificación das árbores do patio e unha excursión a San Tomé.
En colaboración coa Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística identificamos as árbores do patio do colexio.Escribimos o nome científico, nome común e un apuntamento de interese nunha lousa que colocamos ao carón das nosas árbores e arbustos.
Premendo aquí podedes ver as fotos da elaboración e o resultado, e nesta páxina tedes un par de exemplos.
Premendo aquí tedes un bonito resumo en vídeo da actividade que realizaron no Departamento de Normalización.
O xoves 25 o Departamento de Xeografía e Historia e o de Bioloxía e Xeoloxía organizamos unha pequena excursión ao castro de San Tomé que domina a nosa cidade.
Pola parte que nos toca, disfrutamos da variedade botánica que hai neste espazo natural: desde os maxestuosos piñeiros mansos aos fermosos carballos e os característicos érvedos ata os pequenos fentos. Ademais observamos as marmitas de xigante que o río Loña escavou no seu leito ao longo dos tempos. Premendo aquí tedes algunhas fotos da bonita mañá que pasamos.Para rematar a semana, o venres 26 de marzo, a investigadora en Físicas Susana Bayo, deunos unha charla moi interesante sobre a muller na ciencia e o cambio climático.





Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.