Retomamos o blogue recuperando unha pequena escolma das actividades prácticas realizadas ao longo do curso 2021-2022 no Departamento:
luns, 20 de xuño de 2022
venres, 17 de xuño de 2022
METROMINUTO E PAISAXE
METROMINUTO DE OURENSE
Na materia de Promoción de Estilos de Vida Saudables de 1º de ESO traballouse na elaboración de metrominutos, é dicir, planos da cidade ao estilo dos planos do metro con "paradas" nos puntos máis concurridos da cidade e o tempo a pé que nos leva percorrer a distancia entre uns e outros.
mércores, 5 de maio de 2021
PLANTAS: EXPERIENCIAS NO LABORATORIO
Recentemente rematamos o tema das plantas en 1º da ESO, e complementámolo con dúas bonitas prácticas no laboratorio:
OBSERVACIÓN DE ESTOMAS AO MICROSCOPIO
En primeiro lugar aprendemos a mirar ao microscopio seguindo unhas sinxelas instrucións. A continuación pintamos unha pequena sección do envés da folla que escollemos con laca de unllas transparente.
luns, 5 de abril de 2021
Semana da árbore (22 a 26 de marzo)
Celebramos a semana da árbore en 1º de ESO con dúas actividades: a identificación das árbores do patio e unha excursión a San Tomé.
En colaboración coa Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística identificamos as árbores do patio do colexio.Escribimos o nome científico, nome común e un apuntamento de interese nunha lousa que colocamos ao carón das nosas árbores e arbustos.
Premendo aquí podedes ver as fotos da elaboración e o resultado, e nesta páxina tedes un par de exemplos.
Premendo aquí tedes un bonito resumo en vídeo da actividade que realizaron no Departamento de Normalización.
O xoves 25 o Departamento de Xeografía e Historia e o de Bioloxía e Xeoloxía organizamos unha pequena excursión ao castro de San Tomé que domina a nosa cidade.
Pola parte que nos toca, disfrutamos da variedade botánica que hai neste espazo natural: desde os maxestuosos piñeiros mansos aos fermosos carballos e os característicos érvedos ata os pequenos fentos. Ademais observamos as marmitas de xigante que o río Loña escavou no seu leito ao longo dos tempos. Premendo aquí tedes algunhas fotos da bonita mañá que pasamos.

























