Nestas tres semanas que transcurriron desde a suspensión das clases polo coronavirus funvos subindo actividades e ideas para traballar ás aulas virtuais. Como non son avaliables, calculei as notas da 2ª avaliación tendo en conta o voso traballo entre o 8 de xaneiro e o 13 de marzo.
Estamos á espera de instrucións para organizarnos a partir de Semana Santa, e veremos si podemos avanzar temario e avaliar. En canto teña a información faréivola chegar, lembrade mirar de cando en vez este blog e a aula virtual que vos corresponda.
A pesar desta situación tan especial, a próxima semana é un período non lectivo, polo que non vos vou pedir que traballedes de xeito específico nas distintas materias. Sen embargo, achégovos algunhas ideas que vos poden axudar a entretervos nestes días ao tempo que aprendedes:
Unha boa opción é facer manualidades con material reciclado que teñades pola casa, desde un modelo do Sistema Solar ata unha maqueta dunha célula "comestible" (tedes centos de ideas na rede) pasando por modelos anatómicos e recortables (por exemplo, aquí podedes descargar o ollo humano e aquí o oído de Ellen McHenry).
Ademais, podedes facer pequenos experimentos caseiros tan sinxelos como o que tedes aquí para explicarlle aos vosos irmáns pequenos por que hai que lavar as mans, ou calquera dos de esta lista de reprodución de youtube sobre experimentos de bioloxía caseiros.
Se vos animades con algunha manualidade ou experimento mandádeme fotos ao correo bxmende@gmail.com
Por último, hai infinidade de webs onde ver documentales online, como a web de rtve, documania tv ou national geographic En youtube tamén tedes acceso a infinidade de material, o complicado é escoller cáles son fiables e cales non...por exemplo aquí e aquí tedes canles que poden servir.
Ánimo, organizádevos para aproveitar o tempo sen agobiarvos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.