Bo día!
Vouvos propoñer unha última tarefa para rematar o curso de Paisaxe e Sustentabilidade. Como esta materia é unha optativa cunha sola hora semanal, coido que é suficiente con realizar este pequeno proxecto para rematar o curso.
A tarefa trata sobre o feísmo, e o que tedes que facer é responder de xeito argumentado á seguinte cuestión: "Deberíase sancionar de xeito efectivo o feísmo en Galicia?"
Para elo proporciónovos unha serie de instrucións e informacións no documento que vos envío por email. Tedes que lelo atentamente e ir seguindo os pasos que vos vou marcando.
Se algún non recibe o correo, que se poña en contacto conmigo en paisaxemende@gmail.com
Saúdos e moito ánimo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.