Bo día a todos e moito ánimo para seguir a levar esta situación extraordinaria!
A día de hoxe non temos instrucións concretas acerca do xeito de avaliar e outros aspectos importantes para desenvolvernos nesta terceira avaliación.
Sen embargo, pase o que pase, é positivo para todos estar en contacto e poder traballar do xeito máis cómodo posible. Ata agora accedíades ás aulas virtuais dos distintos cursos como convidados, pero a partires de agora terédelo que facer como usuarios da mesma e así poderedes subir as tarefas, participar en conversas...
Para elo envieivos un correo a cada un de vós co voso nome de usuario e o que debedes facer para cambiar a vosa clave.
Nas aulas virtuais tedes máis información. Aqueles que non recibistes o correo debedes enviarme un e-mail identificándovos para que vos mande o voso nome de usuario.
Respecto aos alumnos de outras materias:
Promoción de Estilos de Vida Saudables 1º ESO: por favor, enviádeme a bxmende@gmail.com as presentacións que estivestes a facer na clase durante as últimas 6 sesións de clase incorporando a información que vos pedín que completarades na entrada deste blogue do 13 de abril.
Sei que algúns de vós non tiñades copia do feito na clase, así que facede o que podades. Lembrade ser claros e organizados, non se trata de facer unha presentación longa, senón coherente e ben presentada. Tomade como referencia as páxinas que deberíades ter apuntadas (https://www2.uned.es/pea-nutricion-y-dietetica-I/guia/guia_nutricion/index.htm?ca=n0, http://www.estilosdevidasaludable.mscbs.gob.es/alimentacionSaludable/queSabemos/informacionAlimentos/home.htm)
Lembrade que sobre este tema hai moita desinformación na rede, así que é moi importante basearse en fontes fiables.
Tedes ata o luns 27 de abril. Ese día explicareivos as actividades novas para este trimestre.
Paisaxe e Sustentabilidade 2º ESO:
Imos poñernos ao día, e para elo tedes que enviarme as tarefas pendentes ata o luns 20 de abril. Ese día explicareivos as actividades para este trimestre.
IMPORTANTE: NOVO CORREO PARA PAISAXE: paisaxemende@gmail.com
-Os que non me chegastes a entregar a presentación "Os elementos da paisaxe" que estivemos a facer no 2º trimestre mandádema.
-Os que non me enviastes o proxecto sobre "O meu entorno" que vos pedín na entrada deste blogue do 13 de marzo enviádema.
Saúdos e ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.