Estudando o tema da célula e a súa división, en 4º realizamos a clásica práctica de preparación e observación de mitose en células de raíz de cebola.
Seguimos os pasos que veredes a continuación:
1. Puxemos varias cebolas coas raíces en contacto coa auga, como vedes, para estimular o seu crecemento e así ter células en división para a nosa mostra. Esperamos unha semana e comprobamos que as raíces estaban a medrar:
2. Preparamos o material necesario para facer a práctica: vidro de reloxo, bisturí, tesoiras, pinzas, cubeta, mecheiro de alcohol, portaobxectos e cubreobxectos e orceína A e B.3. Cortamos os últimos 2-3 mm dunha raiciña en crecemento e a depositamos no vidro de reloxo:

4. Cubrímola cunhas gotiñas de orceína A e quentámola á lapa do mecheiro de alcol con coidado, vendo como vai emitindo vapores pero sen chegar a resecarse nin queimarse. Dámoslle uns minutos para que abrande os tecidos.

5. A continuación pasamos a mostra con coidado do vidro de reloxo ao portaobxectos e botamos unha pinga de orceína B sobre ela para completar o proceso de tinción:
6. Esperamos un minuto e poñemos o cubreobxectos con coidado. Co mango dunha agulla enmangada damos varios golpiños para estender as células da mostra, e despois presionamos sobre ela tras colocar 5ou 6 tiras de papel de filtro (neste paso esquecimos facer fotos). Este é o resultado dunha das parellas:
7. Observamos as nosas mostras ao microscopio con paciencia, pois non nos resultou doado localizar núcleos en mitose nos que poder identificar claramente as fases da mitose, pero pudemos observar os cromosomas.







Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.